Inicio
Para Karate
Revista Man Baleira
ZONA NORTE RFEK
COPA AKAI RYU
Campus de Navidad
Historia del Karate
Escudo Escuela
Acerca de nosotros
Junta Directiva
Objetivos
Técnicos
Akaicito
La Salle
CPI Bembibre
Akai Ryu - Negreira
Karatekas
Equipación Oficial
Tecnificación
Programación
Actividades Sociales
Campeonatos
Notas de Prensa
Álbum de fotos
Instalaciones
Patrocinador
Enlaces de interés
Horarios
Contacto
Libro de visitas


Los primeros pasos del Karate en Galicia 

 

"Os inicios do Karate en Galicia, coma noutras partes do mundo, comezan coa chegada á mesma dun mestre TAKAYURI HORI (Tokyo, 1943), en plena época de desenvolvemento industrial do sector naval de Ferrol no ano 1971. Empezou dándolle clases no ximnasio Judo Club Ferrol ó seu primeiro alumno Ramón Vázquez Mayo, por aquel entón practicante de Judo do devandito ximnasio. O mestre Hori, durante catro anos, dará clases en Ferrol e tamén na Coruña no colexio Liceo La Paz. Practicantes daquela época e dalgún xeito pioneiros do karate na Coruña son os seus alumnos en Ferrol J. López Meas, J. Pita, Alonso, Torrente ou M. Santiago e na Coruña J.M. Barros, J. Rodríguez Docampo, E. Lamas, S. Fernández Abuín.

Hori parte de novo para Xapón no ano 1975 e continúa o seu labor en Ferrol e na Coruña o seu primeiro alumno Ramón Vázquez Mayo no Judo Club Ferrol, no Club del Mar e no Judo Club Coruña. Os primeiros alumnos que logo seguiron traballando con el e os practicantes que a partir dese conxunto de ximnasios antes mencionados comezaron a saír constitúen unha boa parte dos profesores de hoxe en Galicia.

Unha segunda vía de entrada do Karate en Galicia faise polo sur, en Ourense dan clases Horencio Conde Estévez e Carlos Conde Silva, alumnos practicantes de karate SHOTO-KAN xunto co mestre SAKAKIWARA en Bilbo, e é alumno deles Serafín Maio Ferreiro, hoxe profesor de Karate en Lugo. En Vigo, a través de Augusto Crause, comeza o Karate con Jorge Carbajal como primeiro alumno.

Por último hai unha terceira vía de entrada en Santiago con Roberto Peña María Basanta, alumno de Richard Lee en París do estilo SORINJI-RYU. Comeza a ensinar este estilo de Karate no ano 1976". (Barros, 1997).


 

Barros, J.M. y Santiago, M. (1997). Karate: Manual Básico. Santiago de Compostela: Edicións Lea.

Escuela de Karate Akai Ryu | akairyukarate@hotmail.com